sábado, 25 de mayo de 2013

Aquí están os nosos mariñeiros e mariñeiras! Navegaron, escoitaron, preguntaron, camiñaron, xogaron, pescaron, atoparon un tesouro e...cantaron. Todo iso, en augas do Atlántico, en compaña das monitoras e monitores da cofradía Mar de Lira.

Un percorrido polo porto  de Portocubelo, coñecendo os barcos e as artes de pesca empregadas, o xeito de conservar o peixe, as especies capturadas, construccións como as rampas : cando se fixeron, quen as financiou, por que e para que...

O Mercado



Coñecedes esta cantiga ?

miércoles, 1 de mayo de 2013

Os alumnos de 1º estamos a estudar as plantas. Moitos de nós non temos horta, para poder ver en directo o que está pasando, estes días de primavera, nas árbores frutais.Evidentemente, a principios de maio estarán entre o paso 2 e o 3.  ¡Quen as pillara en agosto!

viernes, 26 de abril de 2013

1º A e 5º no Día do Libro

O pasado martes, 23 de abril, na Hora de Ler, recibimos a visita dos nosos padriños lectores, os compañeiros de 5º.
Viñeron a buscarnos para compartir un tempo de lectura nun día tan especial. Quedamos encantados cos libros  que escolleron para nós.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Pleno escolar no Concello


A visita de medio centenar de alumnos do colexio Eugenio López ao Concello de Cee revolucionou onte pola mañá o Consistorio, onde os escolares, acompañados polas súas mestras, a alcaldesa, Zaira Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Mabel Fernández, percorreron as dependencias e comprobaron en que consiste o traballo dos funcionarios antes de participar nunha especie de pleno infantil.
A sesión, da que a rexedora saíu encantada, deu lugar a moitas situacións divertidas nas que as preguntas e as interpretacións dos escolares foron a clave.

lunes, 25 de febrero de 2013

Coñecendo mundo

Os de primeiro estamos aprendendo os tipos de vivendas que hai no mundo e, de paso, damos unha voltiña e vemos paisaxes, escoitamos música... ¿Quéresnos acompañar ?