miércoles, 6 de marzo de 2013

Pleno escolar no Concello


A visita de medio centenar de alumnos do colexio Eugenio López ao Concello de Cee revolucionou onte pola mañá o Consistorio, onde os escolares, acompañados polas súas mestras, a alcaldesa, Zaira Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Mabel Fernández, percorreron as dependencias e comprobaron en que consiste o traballo dos funcionarios antes de participar nunha especie de pleno infantil.
A sesión, da que a rexedora saíu encantada, deu lugar a moitas situacións divertidas nas que as preguntas e as interpretacións dos escolares foron a clave.